Atenea García é actriz, creadora escénica e narradora oral, titulada en Arte Dramática pola ESAD de Galicia. Funda, xunto ao músico e escenógrafo Nicolás Zamorano, a compañía Xarope Tulú, dedicada ao público infantil e xuvenil. Comeza a súa andaina como narradora oral no ano 2016 e na actualidade conta con seis espectáculos en repertorio para público familiar.
En 2022 estrea o seu primeiro espectáculo de narración para público adulto, 'Vicio Houbo Sempre', e en 2025 a segunda proposta: 'Bailen as vellas. Os contos das cereixas', unha proposta de narración oral para público adulto xunto a Vero Rilo que reivindica a literatura, a música e a poesía de transmisión oral. Na actualidade combina o seu labor como produtora, creadora e intérprete na compañía Xarope Tulú co seu traballo interpretativo para outras profesionais das artes escénicas. Forma parte da Asociación Galega de Narración Oral NOGA.