ARCIMBOLDOS

Roteiros de escaparates saborosos

Este proxecto, inspirado na obra de Giuseppe Arcimboldo, pintor italiano do século XVI e coñeci-do pola súa técnica pictórica na que empregaba alimentos para crear rostros humanos, nacía co obxectivo de promocionar o Salón do Libro de Pontevedra, que no 2014 levaba por temática a alimentación, dun xeito novidoso.

A través das intervencións de dez artistas nos escaparates de diversas tendas da cidade relaciona-das coa alimentación creáronse obras de arte a partir dos produtos dos propios establecementos. Deste modo conseguiu difundirse o Salón do Libro dun xeito efectivo e con grande interese culturalpor si mesmo.

Pin It on Pinterest

Comparte