¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

ANIMACIÓN DE RÚA  /  TODOS OS PÚBLICOS  /  50 MIN

A danza dos Paxaros é un espectáculo de animación de rúa que conta coa participación da compañía Can Cun Quinqué; as e os bailaríns interpretan a grandes e vistosos paxaros cabezudos baixo a dirección dun ornitólogo que acompaña a esta particular bandada no seu danzar. Acompañados da música, das súas vistosas vestimentas e sobre todo de moito humor e moito ritmo, os paxaros percorrerán as rúas, a praza ou o espazo que se lles dispoña sorprendendo a todos e todas as presentes. Estes cabezudos constitúen un espectáculo sorprendente, áxil e de grande éxito entre o público polo seu carácter participativo e a súa interrelación co mesmo.

GALERÍA DE IMAXES

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar