¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

ESPECTÁCULO MUSICAL  /  INFANTIL E FAMILIAR (+3)  /  60 MIN

A fraga do meu avó está chea de carballos que case tocan o ceo, castaños, bidueiros, loureiros, bieiteiros, abeleiras, e moitas árbores que sempre deron moitísimo máis que madeira. Agochados entre eles andan paxaros como a pega marza, a estreliña do norte, o paporrubio real e a curuxa. E percorrendo os seus camiños están a píntega, os esquíos, o xabaril, o raposo… A fraga do meu avó é o máis recente traballo de Mamá Cabra que nace do amor pola natureza e do compromiso pola terra que coidaron os nosos avós e as nosas avoas. Un espectáculo musical novo co que cantar e bailar en familia descubrindo o novo traballo de Mamá Cabra..

GALERÍA DE IMAXES

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Voz e guitarra: Gloria Mosquera
Teclados: Javier Constenla
Percusións: Carlos Freire
Guitarra e ukelele: Iago Rodríguez
Saxo, trombón e trompeta:  Miguel González Vázquez, Gueorgui Oganesian, Nicolao Rodríguez López, Santiago González Álvarez