A intrépida capitana Centella e o seu axudante, o Doutor Potasio, chegan á terra na súa nave espacial á procura do ziscornio, un prezado ben necesario para salvar o seu planeta. Con este secreto elemento no seu poder Centella e Potasio dispóñense a despegar pero ... nese momento comezan os problemas! Poderán Centella e Potasio regresar o seu planeta? Para iso van precisar da axuda dos nenos e nenas. A gran viaxe é un divertidísimo espectáculo de rúa onde a parte visual, a música e a participación do público teñen especial protagonismo. Inventi teatro conta, neste espectáculo para toda a familia, cun fantástico vehículo espacial composto por un antigo 600 e un propulsor remolcado.