A Teteira de Kabul fala sobre o valor da paz. A súa protagonista, Mina, é unha nena afgá que ten que abandonar o seu fogar como consecuencia da guerra. Ela e a súa familia emprenden unha longa viaxe na que a pesar das duras condicións irá descubrindo a beleza do tránsito grazas ás historias que lle conta súa nai e que ela garda nunha teteira.
Esta nova proposta de Xarope Tulú, en coprodución coa ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz, está baseada no conto homónimo de Carolina Pujadas e fala das vivencias das persoas que se ven na obriga de abandonar o seu fogar. A súa protagonista está inspirado na vida da escritora afgá Nadia Ghulam. A poética dos monicreques permite viaxar a outros lugares e contar a historia desde unha perspectiva construtiva e alentadora.
A peza foi finalista a mellor proposta de monicreques nos Premios María Casares 2024.