¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

TEATRO DE RÚA  /  TODOS OS PÚBLICOS  /  45 MIN

Un explosivo espectáculo de teatro de rúa onde maiores e pequenos poderán probar de primeira man os “efectivos” produtos do Doutor Milagre. Non ten pelo? Alopecia? Síntese débil e decaído? Sen apetito… de ningún tipo? Probe os produtos do Doutor Milagre: Espumosos xampús, elixires fertilizantes ou inxeccións máxicas… Proximamente a súa vila encherase de diversión e alegría coa chegada do Expreso do Doutor Milagre. Impulsado por unha necesidade imperiosa de facer fortuna este atolado inventor toma unha arriscada decisión: Converter o seu autobús nun auténtico show de venta ambulante. Para esta aventura estará acompañado do seu fiel axudante o pequeno Miñoca e a exuberante Madame Bobarí. Música, improvisación, xogo, baile, diversión, comedia, maxia e moito máis neste delirante espectáculo de rúa de Inventi Teatro.

GALERÍA DE IMAXES

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Dirección e dramaturxia: Inventi teatro
Elenco: Bea Campos, Marcos Alonso e Paulo Medal
Escenografía: Sr. Sagüillo
Vestiario: Ali Otero