¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

ANIMACIÓN DE RÚA  /  TODOS OS PÚBLICOS

É un espectáculo de intervención de rúa no que xogan un xigante, Agamelón, e un cabezón motorizado, o Velocíclope. A personaxe clownesca de Chulises fai de ponte entre un e outro squetch ao tempo que con bombo, prato e turuta vai animando musicalmente as situacións. A pesares de ser un espectáculo en tránsito, no que o espectador se pode ir incorporando en calquera intre, a peza ten unha narración moi simple baseada nunha interpretación moi libre e actualizada da obra de Eurípides,
Ulises e o Cíclope.

O rei Agamelón e o seu guerreiro Chulises percorren a ritmo de bombo e prato as rúas da polis nun encontro cos veciños e veciñas antes de que o heroe se embarque nunha travesía a illa do cabezón Velocíclope para conseguir que este deixe de atemorizar a poboación coas súas multas e sancións.

Unha vez alí Chulises desafiará ao Velocíclope, e este intentará expulsalo da illa por tódolos medios. Finalmente, despois de varios encontróns, o Velocíclope namorarase de Chulises e este convencerao para que cese na súa manía multadora e sancionadora.

GALERÍA DE IMAXES

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Dirección: Inacio Vilariño

Produción: Fantoches Baj

Elenco: Inacio Vilariño e Pepe Varela