A derradeira banda de comedia da Idade Media quere presentar ante o público un espectáculo coma os que representaban na sua época… pero con tanta festa e tanta viaxe no tempo esqueceron todos os seus diálogos. Ante a imposibilidade de atopar os escritos do seu repertorio, tratarán de improvisar o seu número, deixando que a intuición, o oficio e a música sexan a guía para levar a cabo unha función ao máis puro estilo do seu século. Arte sen guión é unha peza teatral excepcionalmente divertida baseada na improvisación e no teatro cómico e onde o público ten un papel moi importante. Arte sen guión é a primeira produción para público adulto da compañía Galeatro, unha coprodución do Centro dramático Galego con presencia en festivais tan relevantes como a MIT de Ribadavia ou o Festival internacional de Teatro clásico de Almagro entre outros.