¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

MONICREQUES E MÚSICA  /  +16 ANOS  /  60 MIN

Auga que non vas beber é un recital satírico para monicreques, onde salientan diversas cantigas populares como “A Saia da Carolina”, “O sermón do padre Damián” ou “ O cura está malo” entre outros cantos e contos que remiten sempre a unha memoria colectiva de transmisión oral compartida en toda a península ibérica e que o autor enlaza para contar as aventuras e desventuras amorosas do muiñeiro Xosé coa Carolina, baixo a libidinosa tutela do padre Damián, cura de Agolada. A obra resultante foi gañadora do premio AGADIC de textos para monicreques para adultos no 2010. A posta en escena está inspirada na figura teatral do cego con monifates, tan presente en Galicia no século XIX, da que se rescata a relación que aí se establecía entre actores e títeres de luva e na que o narrador e tamén actor e manipulador dos personaxes. Deste xeito Inacio fará os papeis de narrador, do padre Damián e do muiñeiro Xosé e Almudena acompañará musicalmente a peza ao tempo que asume o papel da Carolina. Auga que non vas beber é unha comedia musical vivaz na que a participación do público, a modo do teatro de rúa, é fundamental.

GALERÍA DE IMAXES

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Elenco: Almudena Vidal e Inacio Vilariño
Autor e Director: Inacio Vilariño
Ilustracións: Iván Suárez Núñez
Deseño de espazo sonoro: Almudena Vidal e Benxa Otero
Deseño escenografía e marionetas: Luís Iglesias
Deseño de iluminación: Juan M. Collazo