Magín Blanco é o creador de A nena o grilo, A nena e o grilo nun barquiño, Gatuxo e outras composicións que forman parte de propostas musicais para público infantil como María Fumaça ou Rosalía Pequeniña. Caderno de cores e cancións é a súa máis recente proposta, un concerto participativo no que Magín Blanco, na compañía do músico Pablo Vidal, convida ás crianzas a achegarse ao proceso creativo e a xogar cos elementos que compoñen as cancións. As melodías, as harmonías e a musicalidade poética das rimas.