¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

POESÍA, MÚSICA E HUMOR  /  +15 ANOS  /  60 MIN

En Chulísima Aldao e Lado volven empregar a retranca, o humor, a poesía e a música para achegar a quen desexe atreverse a nosa lingua. Durante o espectáculo contamos a historia do galego como nunca cha contaron, moi rápido, moi claro e con bastante sentido do humor. E intentamos desmontar algún dos prexuízos que algunhas persoas usan como escusa para non dicir as súas primeiras frases en galego. Non é unha palestra sobre a historia da lingua, nin unha análise científica sobre a súa situación actual. Nin sequera é un espectáculo didáctico. Pero seguro que descobres cousas. E se vendo CHULÍSIMA aprendes algo é porque es unha persoa intelixente e sensible. Daquela estás preparada para falar galego.

Dirección e produción Aldaolado
Interpretación Lucía Aldao e María Lado
Fotografía e vídeo  La Platanera