Cris de Caldas e o músico Xabi do Camiño ofrecen contos para a primeira infancia. Propostas de narración oral e música dirixidas ás máis pequenas da casa.
A avoa Mariña. Parece unha día calquera pero por primeira vez o bebé ten que separarse da súa mamá. Queda ao coidado da avoa Mariña quen, entre contos e xogos, vai acompañando o paso do día. Chega á noite e o bebé precisa un arrolo para durmir. Lembrará algún a avoa Mariña?
Comerá o bebe? Era unha vez un bebé que uns días comía e outros non. E unha mamá moi optimista que quería que o seu bebé comera. Que fará a mamaá para que o bebé coma? Para sabelo, teredes escoitalo!
Kenka un kenko. Ese momento tan fermoso ao final do día onde os nenas e os nenos reclaman unha historia que as acompañe nos soños. Este é o xermolo deste espectáculo cheo de contos para durmir.