Cariño, confort, descanso, experiencias sensoriais, emoción, outros bebés, e diversión en familia. Unha sesión ideada para transcorrer polo universo da crianza, pasando dunha sensación a outra coa naturalidade coa que medramos a cada paso que damos. María Faltri dá vida a este espectáculo pensando para a primeira infancia. Cucú é unha selección das cancións do libro disco Fantasía coas Palabras que mellor acolle as necesidades dos primeiros anos de vida dos nosos protagonistas, os bebés.