DeMente é unha obra de baile e música tradicional de Fran Sieira Compañía de Danza que aborda o estigma das patoloxías vinculadas á saúde mental. En escena, a coreografía amosa a evolución histórica que sufriron, e sofren, as persoas con trastornos de saúde mental: desde a reclusión practicamente carceraria ata as contencións químicas. DeMente é un dos espectáculo seleccionado en FETÉN 2023. En 2022, foi finalista en sete categorías dos Premios Max, entre os cales ao mellor espectáculo de danza, e formou parte da programación de Camino Escena Norte.