¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

DANZA  /  TODOS OS PÚBLICOS  /  30 MIN

Extravíos é a nova proposta de VACAburra para espazos non convencionais. Unha peza de danza acompañada por unha ukestra de ukeleles en directo, garabato musical para 7 intérpretes. Unha creación en forma de viaxe sonora danzada, un itinerario extraviado polo corpo e pola música, un encontro singular de dous colectivos de creación que atopan un terreo de xogo común.

Andrea Quintana conta cunha sólida traxectoria no mundo da danza con especial atención á creación en espazos non convencionais e site specifics, para festivais como En Pé de Pedra, MOV-S, Cádiz en Danza, Costa Contemporánea ou Dies de Dansa. Destaca dentro dos seus intereses artísticos a colaboración con outras disciplinas atendendo a unha mirada especial en como a arquitectura e os espazos afectan aos corpos. A Ukestra do Medio, é unha banda de ukeleles que destaca pola súa orixinalidade e frescura. Combo ecléctico que leva anos experimentando cos máis diversos estilos musicais que van dende composicións tradicionais galegas ou portuguesas aos clásicos do rock’n’roll e creacións propias.

GALERÍA DE IMAXES

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Dirección: Gena Baamonde
Produción: VACAburra
Interpretación escénica: Andrea Quintana
Interpretación musical: Ukestra do medio