A crianza gatea para explorar e coñecer o mundo que os rodea. Gatuxo é un espectáculo onde se fusionan as artes, a música, as cantigas e a manipulación de obxectos, todo interpretado en directo por tres músicos a dúas voces. Gatuxo é unha metáfora do crecemento da crianza e do descubrimento do mundo dende unha perspectiva artística: O Gatuxo é arquitecto dunha caixa, é músico na cociña, é pintor de garabatos, é bailarín de claqué, é cantante, é monicrequeiro cos obxectos cos que brinca, e por suposto é o narrador da súa propia historia.