¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

NARRACIÓN ORAL  /  PÚBLICO ADULTO  /  50 MIN

Marcho que teño que marchar é unha divertida sesión de contos e tamén un espazo para a reflexión sobre os roles e as desigualdade de xénero. É un cesto trenzado con historias protagonizados por mulleres que eran feministas sen sabelo: desde meigas artúricas ata avoas misteriosa.  Nun escenario convertido na casa familiar, Bea Campos relata secretos sobre a súa familia mentres cociña, bebe e traballa entre cancións, coplas e conxuros.

Marcho que teño que marchar estivo programado no Festival Cabaret da Cidade de México en 2023.

"Na miña casa está moi mal visto andar falando do que sucede na familia. Pero que facer se diante túa acontecen cousas incribles? Se che contan historias e lendas misteriosas das que non se pode falar en alto… Pois segundo o meu punto de vista tiña dúas opción, calar para sempre ou artellar un divertido e teatral espectáculo de narración oral. Iso si, tédesme que gardar o segredo xa que todo o contado sucedeu de verdade!"

 

 

GALERÍA DE IMAXES

 

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Dirección e dramaturxia: Bea Campos
Elenco: Bea Campos