¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

NARRACIÓN ORAL  /  PÚBLICO ADULTO  /  50 MIN

Marcho que teño que Marchar é unha divertida sesión de contos pero tamén é un momento para a reflexión sobre os roles establecidos, a igualdade, e a prespectiva de xénero. É un cesto de contos feito con mimbres de muller, xa que elas son as protagonistas. Dende meigas artúricas ata avoas misteriosas… E se mirades para os lados seguro que coñecedes máis mulleres de conto, protagonista dunha boa historia.
Na miña casa está moi mal visto andar falando do que sucede na familia. Pero que facer se diante túa acontecen cousas incribles? Se che contan historias e lendas misteriosas das que non se pode falar en alto… Pois segundo o meu punto de vista tiña dúas opción, calar para sempre ou artellar un divertido e teatral espectáculo de narración oral. Iso si, tédesme que gardar o segredo xa que todo o contado sucedeu de verdade.

GALERÍA DE IMAXES

 

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Dirección e dramaturxia: Bea Campos
Elenco: Bea Campos