¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

TEATRO DOCUMENTAL  /  PÚBLICO ADULTO /  75 MIN

O novo proxecto teatral da Compañía Eléctrica ten como protagonista a Emilia Docet, a muller coñecida por ser a “Miss España Galeguista”. A interpretación de Iria Pinheiro guía esta peza de teatro documental no que a biografía de Emilia se entretece coa doutras mulleres silenciadas despois de 1936. Como un desfile de voces, ecos e silencios, Miss Docet recupera desde a escena a potencia dunha xeración de galegas que víu truncada a súa historia e contribúe á loita para evitar que os seus nomes e os seus pasos desaparezan da nosa memoria.

GALERÍA DE IMAXES

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Actriz protagonista: Iria pinheiro
Dirección: Vanesa Sotelo
Escrita: Iria Pinheiro, María Raimóndez
Iluminación: Xacobo Castro
Espazo sonoro: Mónica De Nut
Collage: Susana Blasco
Deseño de vestiario: Gasa Damasco
Modistas: Mila Abal, Inés Viñas e Coser e Cantar
Imaxe gráfica: Susana Blasco e Paulo Pascual
Escenografía: Compañía Eléctrica
Vídeo e trailer: Álex Penabade
Foto: Andrés Seara
Produción: Mona producións