Protagonizada polas Tres Bruxas que profetizan o ascenso de Macbeth ao trono na peza de Shakespeare. Tres bruxas que encarnan os males deste mundo e que nos serven de referencia para rirnos da diferenza entre como nos ven (ou nos contan) e como nos sentimos nós dentro das nosas casas. Espectáculo híbrido entre o teatro documental, a standup comedy e o teatro isabelino interpretado por tres das contadoras de historias máis relevantes do país: Paula Carballeira, María da Pontragha e Vero Rilo. Tres mulleres excepcionais para dar voz e corpo a historias reais e personaxes femininas de ficción.
Mulleres que viven soas é unha coprodución de Berrobambán e o Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo.