¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

TEATRO E MONICREQUES  /  +5 ANOS /  50 MIN

Nanai naceu unha noite sen lúa. Os seus veciños e veciñas rexéitana dende que nace, por pura superstición. Ela só sabe dicir que non, e axudar ao seu avó a cultivar o arroz máis delicioso desta beira do río Yangtsé en compañía de Chispúm, un simpático búfalo de auga. Para loitar contra a estúpida superstición da xente Nanai e o seu avó elaboran un plan que non sempre sae tan ben como imaxinaron.

Nanai da China é un espectáculo de teatro para público familiar onde os títeres e os actores se fusionan para representar un conto orixinal cheo de maxia, aventuras e humor. A peza foi gañadora do Premio María Casares 2024 na categoría de monicreques.

 

 

GALERÍA DE IMAXES

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Texto orixinal Xabier Romero
Adaptación e dirección Victoria Pérez
Elenco Victoria Pérez, Manu Fernández
Produción Pérez&Fernández