¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

ESPECTÁCULO MUSICAL  / PRIMEIRA INFANCIA /  55 MIN

No País do Vento nada queda quieto: os pés bailan, as saias xiran, as xentes brincan e moitas melodías e algunhas pequenas historias van buscando orellas que escoiten e labios que as cantaruxen para seguir vivas ao lombo das brisas e dos furacáns. Moitos son os personaxes que habitan este país de asubíos e airexas: unha científica incorrixible e algo poeta que chegou  a explorar o País do vento; noivas, donas, magas bruxas e tolas, mulleres magníficas todas, que bailan unha canción tradicional deste país de brisas; unha familia de papaventos que é feliz buscando países imaxinarios que visitar; un corazón que viaxa nunha cáscara de noz; unha xirafa que quería ser araña e unha araña que quería ser xirafa; o Pato Simón; unhas pitas refuxiadas, un reloxo que no canto de dar horas, dá risa … E así, con moitas ganas de bailar e de gozar, vaise esgallando aos pouquiños este espectáculo musical para toda a familia.

GALERÍA DE IMAXES

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Charo Pita:  voz, textos e música
María Faltri:  voz, percusións e arranxos vocais
Jorge Juncal:  acordeón, teclado, arranxos e produción musical
Javier Fernández:  Batería, percusións e arranxos musicais
Juansy Santomé: Contrabaixo, baixo eléctrico