¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

NARRACIÓN ORAL E OBXECTOS /  +4 ANOS /  40 MIN

O paroleiro é moi amigo de parolar, gusta de laretear, enredar, falar e de contar. Conta sucedidos, historias e sobre todo moitos contos que leve na súa memoria, nas súas maletas, nos seus petos e nos seus zapatos. Esta sesión de contacontos é unha colección de relatos que amosan a grande variedade e riqueza da literatura infantil e da tradición oral. O obxectivo é dar a coñecer os contos de transmisión oral así como os contos  máis contemporáneos. Neste contacontos empregaremos recursos como as sombras, monicreques, poemas numéricos, contos de nunca rematar, retahílas, brinquedos, cancións e narración oral.

Voz, guitarra: Magín Blanco
Piano, acordeón: Jorge Juncal
Voz, percusión: Maria Faltri
Baixo e guitarra: Jerry Noia
Batería: Suso Lorenzo
Técnico de Son: Jorge Álvarez