O pequeno Max pasa o día facendo trasnadas. A súa nai cansa desta situación decide castigalo. Enfadado, Max viaxará ao marabilloso mundo onde viven os monstros, no que vivirá aventuras extraordinarias ata converterse en rei. Unha tarefa máis difícil do que el pensaba. Onde viven os monstros é unha peza inspirada no clásico da literatura infantil, de Maurice Sendak, considerado álbum ilustrado perfecto, que mestura fantasía e realidade por igual trazando un fiel retrato da infancia.