¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

TEATRO   /  PÚBLICO XUVENIL E ADULTO /  60 MIN

30 de Novembro de 1803: “​A Real Expedición Filantrópica da Vacina​” parte dende o porto da Coruña. ​Vinte e dous nenos procedentes de orfanatos de Madrid, Santiago e A Coruña conforman unha cadea humana “brazo a brazo” para facer chegar a vacina contra a varíola aos territorios de ultramar nunha das maiores xestas médicas levadas a cabo na historia da humanidade. Pérez&Fernández en coprodución co ​Centro Dramático Galego presenta a adaptación á escena da novela de ​María Solar “​Os Nenos da Varíola​”. Unha peza teatral con altas doses de realidade histórica, tenrura e humor que toma como eixe central a vida dos nenos da Casa de Expósitos da Coruña e como chegaron a ser os heroes da Real Expedición Filántropica da Vacina, na que a súa heroína máis esquecida convertíuse nun dos piares máis importantes da expedición, a reitora da Casa dos Expósitos, ​Isabel Zendal​.

 

III Premio Luísa Villalta á igualdade da Deputación da Coruña

4 Nominacións ós XXV Premios de teatro María Casares:
• Mellor espectáculo infantil
• Mellor actriz secundaria
•  Mellor adaptación
• Mellor maquillaxe

XXV Premios de teatro María Casares Mellor espectáculo infantil

 

GALERÍA DE IMAXES

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Elenco: Manu Fernández, Victoria Pérez, Xosé Leis e Isabel Risco.
Dirección: Xosé Leis, Victoria Pérez
Ambientación musical: Xabier Romero
Texto: María Solar