¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

ESPECTÁCULO MUSICAL E TEATRAL  /  +3 ANOS /  60 MIN

Discordia é unha bruxa que é feliz destruíndo a paz. De feito, a paz prodúcelle picóns por todo o corpo, dende o cocote ata a punta do pé. Discordia goza facendo que todos os animais e os humanos se leven mal, e come olivas como unha tola. Menos mal que ten unha curmá fada, pois xa se sabe que na familia haiche de todo… Un día algo acontece que cambiará o seu mundo, e o mundo enteiro, para sempre. Un espectáculo de Mamá Cabra dirixido por Pepablo Patinho de Teatro Ghazafelhos e inspirado no libro de Mamá Cabra “A Bruxa discordia”, unha proposta cargada de mensaxes que inciden en construír un mundo mellor e máis xusto.

GALERÍA DE IMAXES

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Voz e guitarra: Gloria Mosquera
Baixo: Tomi López
Teclado e acordeón: Diego Maceiras
Violín: Harry Price
Actor: Luís iglesias “Luchi”
Guión e dirección: Pepablo Patiño