Aantena foi seleccionada para levar a escena a proposta dramatúrxica de Ernesto Is “Relato para un incendio” en coprodución co CDG e a MIT de Ribadavia. Unha dramaturxia que parte de dous sucesos verídicos acontecidos na comarca de Ordes: por unha banda, os estudos antropolóxicos de Gustav Henningsen en Ardemil durante a década dos anos 60, na procura dos últimos vestixios de bruxería en Galicia; e pola outra, os incendios provocados por unha veciña de Cerceda no verán de 2016. A proposta escénica basease no traballo actoral e solucións creativas, centrándose no sinxelo e na relación profunda entre intérprete e público. Outros dos seus elementos son a metateatralidade, cun elenco transformando a súa caracterización e falando directamente coa audiencia a favor dun achegamento emocional, e o uso do audiovisual para artellar xogos escénicos. Relato para un incendio foi o espectáculo gañador do 1º Premio de creación do CDG.