¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

TEATRO INTERACTIVO  /  +6 ANOS /  50 MIN

Donas e cabaleiras, señoras e señores, picarada toda… Benvidas ao concurso sobre a lingua onde apañamos as palabras coma se fosen berberechos, onde o rotacismo forma parte da banda sonora e o seseo nos ha facer viaxar entre valumada . Se non oístes falar do cínefre, ou non sabedes o que é un día de garabullos, se nunca se pousou en vós unha lagáchima, andade atentas! Abride ben os ouvidos e deixádevos levar por esta música de salitre. Remangade ben o pantalón, que para apañar palabras é preciso mollar os pés! Preparádevos para recoller eses vocábulos que case nunca medran nos libros. Se queredes saber o que significa rilla-rilla, poñede atención… Rilla-rilla é un espectáculo de pequeno formato dirixido a todos os públicos, que tenta pór de manifesto a variedade dialectal do noso idioma. A través do relato irémonos mergullando nun mundo de rotacismos, un lugar con idiosincrasia propia que estivo aí sempre e ao que poucas veces lle poñemos atención. As ondas e o salitre hannos levar ao lugar das palabras esquecidas. Rilla-rilla é un espectáculo dinámico onde o público pasa a ser protagonista desde o primeiro momento.

GALERÍA DE IMAXES

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Dirección: Atenea García
Interpretación: Atenea García
Técnico e productor: Nicolás Zamorano