Rogelio leva vinte anos pechado na súa casa. É un pallaso en recuperación. Despois de ler a Paulo Coelho e seguir unha terapia de doce pasos atópase no último chanzo. Paso número doce: ser quen de facer en público o que máis lle gusta, a máxia. Rogelio, un pallaso en recuperación é unha entrañable historia de autosuperación para os que non sempre gañan ou, dito doutra maneira, para perdedores. Este divertido espectáculo de clown para todos os públicos pon sobre o escenario un dos grandes retos da humanidade: ser quen de rirnos de nós mesmas. Unha peza para coñecer a Rogelio e gozar do circo, dos malabares, da maxia e de moitas máis cousas.