¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

NARRACIÓN ORAL E MONICREQUES  /  +3 ANOS /  45 MIN

Rosa e Azul é un espectáculo de narración oral dirixido ao público familiar que queira gozar das novas narrativas da literatura infantil. Unha sesión de contos teatralizados, que celebra a diversidade e que racha cos estereotipos de xénero e o binarismo imposto dende que nacemos . A través da manipulación de xoguetes e títeres artesáns, mesturaremos historias reais con contos de ficción que xiran en torno ao respeto, o amor, a tolerancia e a diversidade.

Elenco: Victoria Pérez e Manu Fernández
Guión e dirección: Pérez&Fernández