Nos anos 90, Heliodoro Vicente soñaba cun futuro radiante: Galicia iluminada grazas ao Sol Fuerza. Un invento prometedor que pretendía substituír o petróleo pola enerxía do sol. Pero xa sabemos como é a sorte en Galicia: cando non chove, o toxo prende lume, e o soño de Heliodoro apagouse antes de brillar.
Pero esta historia non comeza aí. Xa nos anos 50, un tal Filek, máis listo que fame, paseábase por España vendendo auga de río coma se fose ouro negro. Chegou incluso a enganar a Franco, todo un logro histórico, mentres as aldeas seguían esperando un milagre que nunca chegou.
E agora, no presente, entre muíños de vento, placas solares e promesas ecolóxicas, atopámonos cunha Galicia que dubida: progreso ou colonización? A historia repítese, as respostas complicanse, e nós quedamos preguntándonos: é isto o futuro ou unha boa mentira ben contada? En fin ... GALICIA ! Cada día máis linda máis linda! Cada día mellor e mellor!