Caramuxo Teatro é unha compañía de teatro infantil e familar nada na Coruña en 2003 dirixida por Juan Rodríguez e Laura Sarasola que tamén traballa nunha liña específica de creación de propostas para bebés. Caramuxo crea espectáculos poéticos e visuais para gozar en familia, tendo unha especial responsabilidade co público máis novo. Dende os inicios, a compañía mestura diferentes técnicas (teatro de actor, títeres, danza...) e parte de textos elaborados a partir da experiencia no eido educativo co obxectivo de crear espectáculos que consigan a fidelización do público.