¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Charo Pita naceu á idade de seis anos cando rematou de ler o seu primeiro libro. Desde ese día a súa idade foise adaptando ata facela sentir contemporánea de todo o mundo. Comezou a narrar historias no ano 1994. O seu traballo abarca diversas áreas do fabuloso, conta tanto para a rapazada como para xente adulta. Tamén imparte obradoiros de narración e lectura expresiva e leva publicados máis dunha ducia de libros e gañado algún que outro premio literario, o Espiral Maior de poesía no ano 2001 e, o último deles, o premio Manuel Murguía de narracións breves no pasado 2018. Unha das súas facetas máis persoais é a de mesturar contos e música. Avanzando nesa liña, acaba de publicar un libro con poemas musicados na colección Sonárbore da editorial Galaxia titulado No país do vento.

 

ESPECTÁCULOS

Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar