Inventi teatro son Bea Campos e Marcos Alonso, un dúo teatral cómico que comeza aventura no ano 2017 xunto co actor Paulo Medal. A súa ópera prima "A tropa do doutor Milagre" supón un grande éxito para a compañía acadando máis de 100 representacións en toda Galicia, con presencia en espazos como o Festival Internacional de Artistas de Rúa de Redondela, a MIT de Ribadavia, ou Itineranta en Pontevedra. En 2020 a compañía bota a andar o seu espectáculo "A gran viaxe" e a súa nova produción teatral "As palabras perdidas" ten como protagonista a lingua. En 2024 estrean AA libraría máxica".
Inventi teatro é unha delirante compañía teatral e de clown que imaxina e constrúe espectáculos de rúa para toda a familia, baseados no humor e ... no movemento! Onde o risco e a diversión están garantidos.