¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Inventi teatro son Bea Campos e Marcos Alonso, un dúo teatral cómico que comeza aventura no ano 2017 xunto co actor Paulo Medal. A súa ópera prima "A tropa do doutor Milagre" supón un grande éxito para a compañía acadando máis de 100 representacións en toda Galicia, con presencia en espazos como o Festival Internacional de Artistas de Rúa de Redondela, a MIT de Ribadavia, ou Itineranta en Pontevedra. En 2020 a compañía bota a andar o seu espectáculo "A gran viaxe" e a súa nova produción teatral "Á procura das palabras perdidas" ten como protagonista a lingua. Inventi teatro é unha delirante compañía teatral e de clown que imaxina e constrúe espectáculos de rúa para toda a familia, baseados no humor e ... no movemento! Onde o risco e a diversión están garantidos.

 

ESPECTÁCULOS

Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar