Joshua Kenneth nace no ano 1995 na cidade da Coruña. O interese pola maxia deste rapaz inglés-coruñés, comenza no 2006 vendo ao lexendario Mago Antón. Dende ese momento queda fascinado por este mundo e comenza unha aprendizaxe inicialmente autodidata e posteriormente académica; estudando na 1ª promoción da única universidade de ilusionismo do mundo, en San Lorenzo del Escorial, onde establece contactos con magos nacionais e internacionais. Leva a súa maxia a todo tipo de eventos públicos e privados, facendo aparicións na televisión galega e nacional e aportando a súa visión da vida a través da arte do imposible.
No 2022 Kenneth presenta o seu acto de maxia con pompas de xabón ao concurso nacional de Portugal, en Valongo, e leva o primeiro premio na categoría de manipulación e prestidixitación, unha das categorías máis complicadas.
En 2023, gañou en Madrid o Premio Frakson, un prestixioso galardón que cada ano, e dende 1979, se outorga ao mellor ilusionista de escena do Estado español. Obtivo o premio cun número chamado “O soño do avaro” onde consegue que as pompas de xabón se convertan en moedas e billetes. Este acto forma parte do espectáculo 'Degustación de imposibles’, número co que tamén gaña en Italia o segundo premio FISM (Federación Internacional de Sociedades Máxicas), que se realiza a nivel europeo cos mellores ilusionistas do continente. Este galardón abre as portas a nivel mundial, conseguindo contratos en Suiza, Bulgaria, Italia, Francia e Estados Unidos, onde irá a traballar ao Magic Castle de Los Ángeles que é considerada "Meca" da Maxia estadounidense.