Magín Blanco é un dos máis coñecidos creadores de propostas escénicas para público familiar no panorama actual galego. Creador de A nena e o grilo (OQO 2011) A nena e o grilo nun barquiño (Fol música 2013), e outras composicións que forman parte de edicións como María Fumaça (Ed. Galaxia 2012), Rosalía Pequeniña (Ed. Galaxia 2013), Canta o Cuco (Ed. Galaxia 2014), Gatuxo (Ed. Fol música 2015) ou Camiños (Ed. Fol música, 2017). Despois do éxito acadado co espectáculo “A nena e o grilo nun barquiño”, co que realizou máis de un cento de actuacións durante a súa xira, consolidándose como a proposta escénica infantil con maior repercusión nos últimos anos en Galicia. Magín Blanco chega unha segunda entrega da coñecida saga infantil que leva por nome "A nena e o grilo máis aló", un espectáculo musical e teatral xunto a teatro Ghazafelhos e o músico Cristian Leggiero. Magín Blanco conta tamén con formatos musicais como Magín Blanco e A Banda das Apertas e o seu formato en solitario "Caderno de cores e cancións".