Os náufragos teatro é unha compañía de teatro galega creada polo actor e dramaturgo Gustavo del Río. A súa produción teatral vertébrase arredor de dous grandes eixos fundamentais, a achega ao público de temáticas sociais e a procura de novas linguaxes narrativas. A diversidade é unha das preocupacións clave desta compañía que aposta por montaxes para o público adulto e para o público familiar. Os náufragos teatro foi galardoado co premio María Casares ao mellor espectáculo infantil por Hugo, unha peza sobre a empatía e o valor da diferenza que fala do trastorno do espectro autista (TEA) e que está en plena xira por Galicia e o resto do Estado. A compañía foi ademais finalistas nos Premios Florencio 2022, os galardóns que outorga a Asociación de Críticos Teatrais de Uruguai, na categoría de mellor peza estranxeira por Karelu, unha peza que aborda o maltrato infantil. En xaneiro de 2022 a peza estivo programada no Espacio Teatro de Montevideo co apoio dos Fondo Xacobeo 21-22. Os náufragos teatro é unha das compañías con maior proxección nacional e internacional.