¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Teatro Ghazafelhos é unha compañía nacida en Narón no ano 2006 especializada en teatro de actor e clown. Trátase dunha das compañías galegas de referencia para público familiar. Ghazafelhos compóñena Montse Piñón, Pepablo Patinho e Jorge Casas. Unha compañía consolidada que nos sorprende con cada nova das súas producións, mesturando xéneros, falándonos de temas variados e levándonos a mundos cheos de maxia. No seu repertorio destacan obras como Frankenstein, Nana para un Soldado, Bon Appetit, Irinha Bailariña e un longo etcétera. Pepablo Patinho e Montse Piñón son tamén os actores protagonistas do musical de Magín Blanco A nena e o grilo nun barquiño. Nos últimos tempos destacan montaxes como Rubicundo, baseado no libro homónimo de María Canosa ou Ninja, unha tenra historia sobre as relacións humanas e o mundo dende a ollada dunha nena. O humor incomparable dos Ghazafelhos fai desta compañía unha das preferidas polo público familiar.

 

ESPECTÁCULOS

Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar