Proxecto finalista dos Premios Martín Códax da música galega en 2022, Anxo Araújo presenta Plan de urbanismo para un novo couto mixo. En palabras de Jose Rey de Mondosonoro «o compositor e músico pontevedrés retrata historias de anhelos e decepcións cun filtro de feliz tristeza para convertelas no eixo imaxinario das dez cancións seleccionadas neste primeiro disco que crece con cada escoita, aproximándose á órbita de traballos imprescindibles do pop galego.»
Anxo Araújo achega este traballo para sumarse ao efervescente e prolífico momento que vive a música galega cun pop que, máis que nunca, se achega á tradición. O músico firma un proxecto de banda coa presenza dos ventos como sinal de identidade. En 2022, o grupo tivo presencia en citas como o Festival Surfing the Lérez (Pontevedra), Atardeceres no Gaiás ou o Teatro Colón da Coruña no ciclo Xullo Pop.