¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Catuxa Salom é unha artista galega de raíces arxentinas e unha das voces máis destacadas do movemento folk-electrónico do momento. En 2022 publica o seu disco revelación Nunha aldea, un EP de debut producido por Marcos Bayón en Prasat Bayon Studio, que reflicte en cada canción un universo sonoro que vai da música tradicional galega aos ritmos latinos. Un disco envolto por unha atmosfera tribal que convida ao baile e nos conecta co noso lado máis puro e salvaxe. De Aimogasta ás montañas de Lugo, Catuxa Salom crea un lugar onde o fogar e o amor pola natureza están moi presentes.

En 2022 e 2023 foi finalista nos Premios Martín Códax da música galega na categoría de Músicas do Mundo. Catuxa Salom é un dos nomes máis atractivos da escena musical galega.  Máis de 40 concertos avalan a xira de presentación do seu primeiro traballo.  O seu novo disco verá a luz en 2024.

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Catuxa Salom: voz, guitarra, Loop station
Lucía Cortiñas: percusións
Yudit Almeida: contrabaixo