¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Nacho Muñoz e Mig Seoane comezaron a traballar xuntos no ano 2000, realizando diversos proxectos de arte sonoro, multimedia e música. Ambos foron parte nas orquestas de improvisación O.M.E.G.A e Metamovida, fundaron xunto a outros artistas a comunidade de arte Alg-a e compuxeron música para cine e televisión. Tocaron xuntos durante anos con Budiño e formaron parte do proxecto de German coppini e o comando delta. Así mesmo son responsables da producción musical de discos de outros artistas galegos. Ao mesmo tempo comezan a madurar o seu propio proxecto musical, igmig, en activo dende o ano 2012 primeiro coma dúo e despois como trio e cuarteto de músicos. En Igmig Nacho e Mig exploran as barreiras da música en directo a traves dun sonido dificil de etiquetar tanto nos seus instrumentos coma nas súas voces. Salpican o directo con temas de composición propia e improvisacións nas que incluso o público pode tomar decisións. Levan tocado en numerosos locais, festivales e festas de toda Galiza e algunha pincelada a o norte de Portugal e teñen grabados dous discos : “shaishakarraskaishe” e “ai que lio” que se poden escoitar nas principales plataformas de distribución.

Miguel Seoane: Guitarra e voz
Nacho Muñoz: Teclados
*Batería e baixo eléctrico