¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

 

Un ano despois de PAVA, o primeiro traballo musical en solitario de Lucía Aldao, chega PAVA2, un EP de catro cancións que completa e dá continuidade ao proxecto. Unha proposta global de nove temas que a artista está a levar ao directo en 2023. Emoción e sorna, revisión e identidade, amizade e crítica son o fío condutor deste novo EP que contou con Diego Delgado na produción musical. PAVA2 pode escoitarse en todas as plataformas dixitais logo do adianto do sinxelo Sensata e con coche, “un canto á amizade e á necesidade doutras olladas -as das amigas- que, desde o amor, axudan a cuestionarnos as nosas crenzas e a revisar os nosos discursos, que falta fai”, di Aldao.

PAVA 2é un proxecto musical expansivo que prescinde do soporte físico habitual. A portada dixital é unha ilustración de Lucía Corral e as imaxes de Diego Delgado. En novembro de 2021, Lucía Aldao publicou os cinco temas de PAVA aos que agora se lle suman catro novas cancións fermosas nas que, sen dúbida, “canta unha poeta oral”.

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Lucía Aldao: voz, guitarras
Analís Guillín: batería
Pablo Silva: guitarra eléctrica
David Santos: baixo