¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Ofrenda (Bungalow Studios, 2019) foi o debut discográfico de Momboi. Tres anos despois, e logo do adianto dos sinxelos ‘Acacias’ e ‘Teresiña’, a banda de Noia publica en 2022 o seu primeiro LP Vacacións en Ornanda (MaySound Producciones), un disco tenro que transita pola beleza dos lugares comúns ao compás de medios tempos e pasaxes melódicas. Con Vacacións en Ornanda Momboi consolida un son persoal no que mestura o folk-rock cos ritmos latinos e a tradición galega para presentarnos temas fermosos e emotivos que toman como referencia estética o desaparecido Hostal Azteca da praia de Ornanda, en Porto do Son. A aura daquela sociedade inspirou as doce cancións compostas por Brais Sánchez (voz e guitarra) e o deseño dun disco con texturas e formas propias daquel tempo pasado.

Momboi presenta Vacacións en Ornanda, con presencia en festivais tan relevantes como o Atlantic Fest de Vilagarcía de Arousa entre outros. Momboi é unha das bandas seleccionadas para formar parte da Feira de músicas do Minho MUMI.

En 2022 é unha das bandas gañadoras do concurso Sonidos Mans e é un dos grupos finalistas do certame Interritmos: Sons do Rural. Tamén este ano, ‘Teresiña’ foi seleccionado no XIX Festival de Cans como un dos mellores videoclips do ano.

En 2020, Momboi foi finalista do XII Certame Fran Pérez “Narf” para grupos e artistas musicais organizado pola Deputación da Coruña.

GALERÍA DE IMAXES

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Brais Sánchez: voz principal e guitarras
Beny Mayo: batería
Daniel García ‘Carba’: baixo eléctrico e voces
André Garabato: teclado e sintetizadores
Carlos Freire: Percusións