¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Logo de publicar un fermoso EP chamado ‘Fórmula’ o pasado ano, Peña volven agora con este, o seu primeiro traballo de estudo titulado ‘Carreiro’. Un debut sorprendente que supón toda unha revelación, xa non en termos de transcender o folkie, senón no que se refire a música contemporánea en galego. Asumindo a propia dependencia xentilicia como punto de partida, a banda formada por Toño Magariños (diola, Unicornibot), Rubén Abad (Cró!, Trilitrate) e Elena Vázquez (Trilitrate) ten sido capaz de fiar un corpo de cancións exquisito, que casa sinxeleza con idiosincrasia e valentía formal. Logo, en ‘Carreiro’, a pulsión subconsciente da musica popular énos representada de xeito ampliado, harmonicamente desbordante e extraordinario.

Un álbum que funciona a xeito de novo retorno, de hipnótica chamada ao fogar ulterior: Espazo familiar onde se proxectan imaxes da nosa infancia, aínda que nelas atopemos algúns elementos sutilmente recolocados… non todo está onde estaba.

Peña presenta esta tempada o seu Carreiro, LP de debut, en formación clásica (guitarra eléctrica, acústica e violín) e onde presentará ademais as cancións do seu EP ‘Fórmula’ e algunhas pezas novas, todas elas arranxadas especificamente para o formato.

Carreiro é o segundo disco de Peña editado polo selo discográfico Repetidor
Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Peña foi o proxecto gañador dos Premios Narf da Deputación da Coruña 2021.

 

Guitarra acústica e voz: Toño Magariños
Violín e voces: Elena Vázquez
Guitarra eléctrica e voz: Rubén Abad