Raposa é unha banda pontevedresa integrada por María Villanueva e Rubén Abad. Un proxecto consolidado sobre un cimento de corda pulsada, onde a versatilidade e virtuosismo de ambos compoñentes sobrevoa paisaxes batuxados por música clásica, jazz, músicas do mundo, canción protesta ou pop, nunha execución rebosante de matices e delicadeza. O material sonoro desprende equilibrio e proporción, música orixinal que evoca armonías pretéritas, exóticas e vernáculas; unha confección acústica concebida coma ofrenda e reivindicación do honesto e fermoso da natureza humana e da música como ferramenta de cambio social. Rubén Abad, crónico asiduo á escena musical galega xunto a distintas formacións de corte ecléctico coma Trilitrate, Cró!, Es un Árbol, Peña, Orquestra Metamovida, etc., contribúe coa guitarra eléctrica, a guitarra clásica e o catro portorriqueño xunto á súa voz. María Villanueva, integrante da banda do músico cántabro Jaime Velasco, do proxecto luso-galego Fonte Grande, do Dúo 2028 ou, baixo o seu propio estandarte, do cuarteto María Solita, aporta a súa guitarra clásica, a guitarra acústica e a súa voz.