MAGÍN BLANCO
A banda das apertas
SINOPSE
A Banda das Apertas é o formato musical de Magín Blanco acompañado polos músicos Jorge Juncal, Jerry Noia, Suso Lorenzo e pola voz de María Faltri. A banda das Apertas conta con anos de traxectoria musicando para o público infantil e familiar as aventuras de A nena e o grilo, descubrindo os seus segredos a través dun bo puñado de cancións coas que Magín Blanco foi creando toda unha comunidade de seareiros e seareiras. O meu país, Don Ramón, A formiga Lúa, Todos somos capitáns ou rock&roll dragón son algúns dos clásicos que fan cantar e bailar a pequenas e maiores. A Banda das Apertas é unha das propostas musicais preferidas polo público miúdo e polas súas familias.
FICHA ARTÍSTICA
Voz, guitarra: Magín Blanco
Piano, acordeón: Jorge Juncal
Voz, percusión: Maria Faltri
Baixo e guitarra: Jerry Noia
Batería: Suso Lorenzo
Técnico de Son: Jorge Álvarez