A CASA DOS XOGOS

A CASA DOS XOGOS

A Casa dos Xogos é unha instalación de xogos tradicionais acompañada por dous profesionais e ideal para programar en festas de todo tipo. O xogo ten unha importancia vital na etapa infantil e xuvenil e ó longo de toda a vida. E con esta premisa… xogamos? Desde a Casa dos Xogos realizamos unha escolla de propostas de xogos pensando na amplísima variedade de modos e gustos das persoas. Esta gran instalación ambulante preséntase en forma de varios espazos repartidos por áreas de xogo onde os e as participantes poderán experimentar unha amplísima recompilación de xogos tradicionais chegados dos cinco continentes, así como xogos de creación propia. Algúns destes xogos avalan correntes pedagóxicas como Waldorf ou Montessori , punteiros na pedagoxía.

ESPECTÁCULOS

Pin It on Pinterest

Comparte