Xogos paporrubio

Animación de rúa | Todos os públicos | 50 Min

SINOPSE

 A danza dos Paxaros é un espectáculo de animación de rúa formado por seis actores e actrices e un actor principal, Luchi Iglesias, o ornitólogo que dirixe a esta particular bandada no seu danzar. Acompañados da música, das súas vistosas vestimentas e sobre todo de moito humor e moito ritmo, os paxaros percorrerán as rúas, a praza ou o espazo que se lles dispoña facendo bailar a todos e todas as presentes. Estes cabezudos constitúen un espectáculo sorprendente, áxil e de grande éxito entre o  público polo seu carácter participativo e a súa interrelación co mesmo.

É un espectáculo con moita máxia onde se pretende que todo o mundo baile ao son da música dos paxaros, onde todas xuntas desplegaremos as ás da ilusión e da liberdade no día da festa.

FICHA ARTÍSTICA

Actor: Luís Iglesias “Luchi”
Elenco: Ula Mayo, Borja Salgado, Xoán Montes, Agustín L. Burke, Tania López e Daniel Santos
Produción: Cía Paporrubio

 

Pin It on Pinterest

Comparte